DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 15 de xullo de 2024 Páx. 42353

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 28 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento administrativo IN417Y).

BDNS (Identif.): 774451.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/774450

Primeiro. Beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases:

a) As empresas legalmente constituídas e as persoas autónomas que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a entidades incluídas no ámbito de actuación das presentes bases.

Segundo. Obxecto

Concesión de subvencións para realizar proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado destas bases reguladoras.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Resolución do 28 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento administrativo IN417).

Cuarto. Contía

1. A intensidade da axuda vai en función do regulamento de aplicación:

a) Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) nº 2023/2831 de minimis (empresas con actividade de transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura):

1º. A contía da subvención será do 35 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

b) Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) nº 651/2014 (Regulamento xeral de exención por categorías) destinadas a medidas de eficiencia enerxética en edificios.

A contía da subvención será do 20 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

c) Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) nº 651/2014 (Regulamento xeral de exención por categorías) destinadas a medidas de eficiencia enerxética distintas das dos edificios.

A contía da subvención será do 35 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

2. Para axudas de más de 100.000 €, limítase a axuda segundo o aforro enerxético xustificado conforme a seguinte táboa. Para os efectos da aplicación deste límite no caso de proxectos da liña PAP, utilizarase a epígrafe específica para esta tipoloxía de proxectos:

Tipoloxía do beneficiario

Axuda máxima en función do aforro enerxético

Pequena empresa

Se AEF < 80 MWh/ano: AM = 100.000

Se AEF ≥ 80 MWh/ano: AM = AEF × 1.250

Mediana empresa

Se AEF < 100 MWh/ano: AM = 100.000

Se AEF ≥ 100 MWh/ano: AM = AEF × 1.000

Gran empresa

Se AEF < 150 MWh/ano: AM = 100.000

Se AEF ≥ 150 MWh/ano: AM = AEF × 675

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en infraestruturas públicas (PAP)

Se AEF < 80 MWh/ano: AM = 100.000

Se AEF ≥ 80 MWh/ano: AM = AEF × 1.250

Onde:

AEF = aforro enerxético anual de enerxía final en MWh/ano.

AM = axuda máxima por expediente en función da tipoloxía de beneficiario e o aforro enerxético en euros.

3. Establécese unha axuda máxima por expediente de 300.000 euros, no caso de acollerse ao Regulamento (UE) nº 2023/2831 de minimis, e de 1.000.000 euros no caso de acollerse ao Regulamento (UE) nº 651/2014 (Regulamento xeral de exención por categorías).

4. A axuda máxima por entidade beneficiaria no conxunto da convocatoria será de 2.000.000,00 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 9.00 horas, e finalizará o 15 de setembro de 2024, ás 23.59 horas.

As solicitudes presentaranse na páxina web do Inega, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2024

Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia