DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 15 de xullo de 2024 Páx. 42388

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean novos membros dos tribunais cualificadores da convocatoria excepcional do proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022, e se dá publicidade da modificación da condición de participación dalgúns dos seus membros.

Mediante a Resolución do 11 de maio de 2023 (DOG núm. 97, do 24 de maio) e a corrección de erros publicada no DOG núm. 108, do 8 de xuño de 2023, nomeáronse os tribunais cualificadores da convocatoria excepcional do proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso á condición de persoal estatutario fixo en diversas categorías de persoal estatutario, convocado polas resolucións do 26, 27 e 28 de decembro de 2022.

Na base sétima da Resolución do 26 de decembro de 2022 (DOG núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023), de convocatoria do proceso selectivo de estabilización, disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen os novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, e por circunstancias sobrevidas, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Nomear, con efectos desde a data desta resolución, un novo membro dos tribunais cualificadores do proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario fixo convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022 (DOG núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023), nos termos que a seguir se indican:

Tribunal de área clínica I:

Secretaria titular: Fiel Paz, Nieves. Persoal estatutario de xestión e servizos. Técnica superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información, en substitución de García Caeiro, Javier. Funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2024

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos