DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 12 de xullo de 2024 Páx. 42138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 2 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica situada nos concellos de Carballeda de Valdeorras e O Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2022/144-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma da LAAT a 20 kV 01-Pumares da ST CH Sobradelo (3182), na Casa do Concello de Carballeda de Valdeorras, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 2 de xullo de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
con enderezo ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2022/144-3.

Instalación: reforma da LAAT a 20 kV 01-Pumares da ST CH Sobradelo (3182).

Concellos: Carballeda de Valedorras e O Barco de Valdeorras.

Entidade beneficiaria: I-de Redes Eléctricas Inteligentes, S.A.U.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Lugar da convocatoria

Data

Hora

3

Monte Ladeiras

32018A013011090000IP

Veciños de Sobradelo

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de Carballeda de Valdeorras

12.8.2024

12.00

4

Agra do Vale

32018A012000220000IE

Felipe López Ozcaberón

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de Carballeda de Valdeorras

12.8.2024

12.05