DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 11 de xullo de 2024 Páx. 42000

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de xuño de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública a solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.04063, outorgada o 24 de outubro de 2003, nos concellos de Gondomar e Vigo (expediente DH.A36.96744).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Fraga.

Expediente: DH.A36.96744.

Volume total anual: 34.577,30 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 1,10 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: cinco (5) mananciais: M1 a M5.

M1, M3 e M4 na parcela 264, polígono 6.

M2 na parcela 90, polígono 6.

M5 na parcela 11, polígono 17.

Todas do catastro de Gondomar.

Lugar: A Fraga.

Parroquia: Vincios.

Concello: Gondomar.

Descrición:

A auga procedente das cinco captacións reúnese para conducila a depósito na parcela 162, polígono 6, desde o que se distribúe ás vivendas e locais que abastece a Comunidade no lugar da Fraga, Vincios (Gondomar), e Vilaverde, Zamáns (Vigo).

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, nº 2-4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 19 de xuño de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial
da Zona Hidrográfica de Galicia Sur