DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 11 de xullo de 2024 Páx. 41973

IV. Oposicións e concursos

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2024 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes neste consello.

Por Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de febreiro de 2024, aprobouse a modificación da relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia (DOG núm. 47, do 6 de marzo).

Na actualidade existen dous postos de letrado/a vacantes, cuxo procedemento de provisión é o de libre designación.

En atención ao exposto, de acordo co artigo 30 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e co artigo 50 do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, e de conformidade tamén co establecido nos artigos 88.2 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico (de aplicación supletoria nos termos previstos no artigo 30.4 da Lei 3/2014, do 24 de abril), esta presidencia

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo que se detallan no anexo I desta resolución.

Segundo. Poderá concorrer a ela o persoal funcionario que reúna as condicións que para os postos de traballo se sinalan no dito anexo I.

A persoa funcionaria que, de ser o caso, desempeñe en comisión de servizos algún dos postos obxecto desta convocatoria terá a obriga de participar nela. O incumprimento desta obriga dará lugar á revogación da comisión de servizos.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, dirixiranse á Presidencia do Consello Consultivo de Galicia (rúa Algalia de Abaixo, 24, 2º andar, Santiago de Compostela) e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas que presenten a súa solicitude presencialmente serán requiridas para que a emenden a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán achegar coa solicitude un currículo e xustificar documentalmente os méritos que aleguen mediante certificación ou copia electrónica auténtica.

Os méritos alegados e non probados segundo se indica no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto. Se algunha ou algunhas das persoas seleccionadas para ocupar os postos de traballo, que se anuncian no anexo I, ten destino noutras administracións públicas, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o previsto no artigo 29 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, e, de ser o caso, no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Sexto. A convocatoria resolverase no prazo máximo de dous (2) meses contados desde a data da súa publicación. En caso de non resolverse no dito prazo, declararase a caducidade do procedemento.

A resolución da convocatoria, coa adxudicación do posto a calquera das persoas funcionarias de carreira solicitantes, que reúna os requisitos exixidos para o seu desempeño, ou a súa declaración como deserta, por considerar que ningunha das persoas candidatas reúne as características adecuadas para o posto de traballo ou non reúne a idoneidade necesaria para o seu desempeño, ou se non se presenta ningunha solicitude, farase pública no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun (1) mes.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar na data que se determine na resolución definitiva da libre designación con convocatoria pública. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberase computar tamén desde a dita data.

Noveno. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Presidencia do Consello Consultivo de Galicia, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2024

José Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia

ANEXO I

Denominación: letrado/a.

Código do posto: CCG 003.

Nivel: 30.

Complemento específico: 29.316,00 €.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: artigo 30.2 Lei 3/2014, do 24 de abril (funcionarios do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala letrados, e escala de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, subescala de secretaría).

Tipo de adscrición: adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia e Administración local no caso de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Titulación académica: licenciado/a ou grao en Dereito.

Formación específica: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

Centro directivo ou dependencia: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: letrado/a.

Código do posto: CCG 004.

Nivel: 30.

Complemento específico: 29.316,00 €.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: funcionarios do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala letrados.

Tipo de adscrición: adscrición a persoal funcionario da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

missing image file