DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 11 de xullo de 2024 Páx. 41996

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Crecente, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta dirección territorial, o 26 de xuño de 2024, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación dos artigos 1 e 39 dos estatutos sociais relativos á denominación e ao capital social da entidade Crecente, S. Coop. Galega, segundo consta na escritura pública do 20 de decembro de 2022, co número de protocolo 5.239, outorgada ante o notario de Lugo, Manuel Ignacio Castro-Gil Iglesias, e na escritura de emenda do 5 de xuño de 2024, co número de protocolo 1.046, outorgada ante a notaria de Lugo, Patricia Posse Paz. A nova denominación social é Crecente, S. Coop. Galega e o novo capital social é 3.803.04 €.

Lugo, 26 de xuño de 2024

Carmen José López Rodríguez
Directora territorial de Lugo