DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 9 de xullo de 2024 Páx. 41603

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO relativo á ampliación da oferta de emprego público 2024.

No BOPPO núm.116, do 14 de xuño de 2024, publicouse o anuncio da ampliación da oferta de emprego público 2024, da Deputación Provincial de Pontevedra, para engadir un posto de traballo de laboral fixo de nova creación, ocupado por unha traballadora declarada laboral indefinida por sentenza firme, que se integra nos seguintes termos:

Persoal laboral fixo

Grupo

Denominación

Nº postos

Sistema de acceso

C2

Mestre/a composteiro/a

1

Concurso-oposición

Este posto será obxecto de provisión mediante convocatoria pública, que será publicada no BOPPO coas súas correspondentes bases e programa, e mediante extracto da dita convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Pontevedra, 17 de xuño de 2024

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. nº 2024002173, do 15.3.2024)
Jesús Vázquez Almuíña
Deputado delegado de Asistencia aos Concellos,
Transparencia e Administración Xeral