Convócase o proceso selectivo para cubrir as seguintes prazas:
– 2 técnicos/as superiores de proxecto (referencias: QUANTUMSPAIN-24-TSP1; QUANTUMSPAIN-24-TSP2).
– 2 técnicos/as de proxecto (referencias: QUANTUMSPAIN-24-TP1 e QUANTUMSPAIN-24-TP2).
O proxecto que se vai desenvolver é Quantum Enia (Quantum Spain), no marco da Axenda España Dixital 2025 e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, de conformidade co disposto no Real decreto 936/2021, do 26 de outubro.
A modalidade contractual é a seguinte: contratos temporais de duración determinada, a xornada completa, para a execución do proxecto Quantum Spain, regulados polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación, en particular pola disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021.
As bases que rexerán estes procesos selectivos están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia dos procesos selectivos faranse públicas na páxina web do Cesga.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2024
Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia