DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 8 de xullo de 2024 Páx. 41105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 26 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade ao informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para incorporar un viario de circunvalación que conecte as estradas DP-1107 e DP-1106, no concello de Boiro (expediente 2024AAE2884).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 25 de xuño de 2024 sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para incorporar un viario de circunvalación que conecte as estradas DP-1107 e DP-1106, no concello de Boiro.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2024AAE2884).

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2024

Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade