DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 8 de xullo de 2024 Páx. 41014

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo procedemento de concurso de méritos, de varios postos vacantes de supervisor/a da Unidade de Enfermaría.

Mediante a Resolución do 29 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 27, do 7 de febreiro) convocáronse para a súa provisión, polo procedemento de concurso de méritos, varios postos vacantes de supervisor/a da Unidade de Enfermaría.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo da actuación da Comisión de Avaliación, a que se fai referencia na base sexta, e en vista dos méritos achegados e da defensa do proxecto técnico de xestión polos/as aspirantes, que constan nas actas da devandita comisión, esta xerencia, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde; na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; pola Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do sistema público de saúde de Galicia,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos vacantes de supervisor/a da Unidade de Enfermaría.

Segundo. Adxudicarlles os postos de traballo convocados aos/ás aspirantes que obtiveron a maior puntuación, nos termos previstos no anexo desta resolución.

Terceiro. O/a profesional nomeado/a deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento, de conformidade coa modificación do artigo 30.2 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Para estes efectos entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional, ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo e por petición motivada da persoa interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola Xerencia da área sanitaria.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado/a nesa situación, polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Os/as profesionais nomeados/as serán avaliados/as antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño do posto, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción do posto de traballo. A remoción virá precedida dun procedemento que garanta a audiencia do/da interesado/a. A Comisión da Avaliación non suporá a consideración do nomeamento como definitivo.

Sexto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 26 de xuño de 2024

José Santiago Camba Bouzas
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: supervisor/a da Unidade de Coidados Intensivos.

Número de prazas: 1.

Nome e apelidos: Estrella Pérez Conde.

DNI (*): ***7292**.

Posto: supervisor/a da Unidade de Hospitalización HH7N.

Número de prazas: 1.

Nome e apelidos: María Luisa Ferreiro Quintas.

DNI (*): ***7985**.

Posto: supervisor/a da Unidade de Hospitalización HH6S.

Número de prazas: 1.

Nome e apelidos: Cristina Gómez Ríos.

DNI (*): ***2215**.

Posto: supervisor/a da Unidade de Neurociencias.

Número de prazas: 1.

Nome e apelidos: Mónica Otero Vázquez.

DNI (*): ***5574**.

Posto: supervisor/a da Unidade de Hospitalización de Saúde Mental.

Número de prazas: 1.

Nome e apelidos: Antonia Rivera Rodríguez.

DNI (*): ***0564**.

Posto: supervisor/a da Unidade de Coidados Intensivos Pediátricos e Prematuros.

Número de prazas: 1.

Nome e apelidos: Teba María Castro Feijoó.

DNI (*): ***6226**.

Posto: supervisor/a da Unidade de Hospitalización HX7D.

Número de prazas: 1.

Nome e apelidos: Pilar Costela Sobrino.

DNI (*): ***7615**.

Posto: supervisor/a da Unidade de Hospitalización HX7I.

Número de prazas: 1.

Nome e apelidos: Ana Belén Fernández Pajarín.

DNI (*): ***4784**.

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de conformidade coa disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.