DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 5 de xullo de 2024 Páx. 40795

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO para lembrar o cumprimento das obrigas legais sobre a prevención e a defensa contra os incendios forestais (expediente: 2023Biom000003-3).

En referencia ao artigo concreto que habilita a publicación no taboleiro de edictos único, artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Suposto de feito concorrente: interesado descoñecido (intentada a notificación, non se puido practicar).

Para os efectos de garantir o trámite da notificación, pubícase este anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, co seguinte contido:

Comunicación para lembrar o cumprimento das obrigas legais sobre prevención e defensa contra os incendios forestais

Expediente

Referencia catastral

Lugar

Persoa/entidade responsable

2023Biom000003-3

15074A01600209

Represa, rúa Alcalde Fdez. Bermúdez - Fafián, Ribeira

Nabiña Promociones, S.L.

Título/procedencia dos datos: listaxe IBI 2024.

Feitos que motivan a comunicación ou o requirimento e modo de constatación destes:

Vexetación accesoria de especies non permitidas.

Constatado no informe municipal de data do 16 de maio de 2024.

Concreta a obriga incumprida co seu fundamento legal:

Obriga de xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que finalice o mes de maio de cada ano, excepto nos supostos en que, pola extensión ou especial dificultade dos labores de xestión de biomasa ou retirada de especies, sexa necesaria a elaboración dunha planificación anual das actuacións, conforme o artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Os mesmos criterios aplícanse con carácter subsidiario no solo urbano.

Traballos que teñen que realizar os titulares/responsables dos terreos:

Xestión da vexetación accesoria existente no predio.

Prazo máximo para o cumprimento voluntario, que se computará desde o día seguinte ao da recepción da notificación da comunicación ou do requirimento ou da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e será de quince (15) días naturais.

Apercibimento:

Apercíbese de que, en caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo outorgado, procederase á execución subsidiaria sen máis trámites.

A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento ten a obriga legal de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria. Este último ten a facultade de acceder sen necesidade de consentimento da persoa titular, excepto naqueles supostos excepcionais en que o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución.

Liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a referida execución subsidiaria, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, tras o transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez finalizados, de ser o caso, os traballos:

A liquidación provisional consiste no establecemento dunha cantidade estimada por hectárea dos traballos necesarios para xestionar a biomasa.

Liquidación provisional: non estimada.

Advertencia:

En caso de persistencia no incumprimento tras o transcurso do prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador.

De conformidade co establecido polo artigo 54 da Lei 3/2007, do 9 de abril, as competencias para incoar, instruír e resolver os procedementos sancionadores por infraccións derivadas do incumprimento das obrigas incluídas no ámbito de aplicación desta instrución corresponden: a) Aos concellos, nos supostos de incumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa e arredor das novas instalacións, urbanizacións e edificacións, sempre que se encontren en solo urbano, urbanizable ou de núcleo rural. b) Á Administración xeral da Comunidade Autónoma, en todos os demais casos.

O incumprimento da obriga de xestionar a biomasa de acordo co previsto nos artigos 21, 21.ter e 22 e na disposición transitoria terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, está tipificado como infracción en materia de incendios forestais (artigo 50.2.1). Cualificación: leve (artigo 51.3.b). Sanción prevista: multa desde 100 ata 1.000 euros (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, segundo o previsto no artigo 50.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril).

Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.

Normativa aplicable:

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, e a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Ribeira, 13 de xuño de 2024

Luis Antonio Pérez Barral
Alcalde