DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 5 de xullo de 2024 Páx. 40757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 25 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade ao informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do Porriño na parroquia de Cans, no concello do Porriño (expediente 2024AAE2868).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico, formulado o 24 de xuño de 2024, sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do Porriño na parroquia de Cans, no concello do Porriño.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2024AAE2868).

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2024

Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade