DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 5 de xullo de 2024 Páx. 40734

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 27 de xuño de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, polo que se dá publicidade a seis novas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 27 de xuño de 2024, o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 121, do 27 de xuño), de conformidade co disposto na base II.1.2.11 da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Mediante o Acordo do 4 de marzo de 2024 (DOG núm. 50, do 11 de marzo), este tribunal acordou elevarlle ao director xeral da Función Pública a listaxe das persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para a aprobación da proposta de nomeamento como persoal funcionario en prácticas das persoas que figuraban nela, segundo o disposto na base III da convocatoria. O dito acordo foi modificado polo Acordo do 15 de abril de 2024 (DOG núm. 80, do 23 de abril), polo que se dá publicidade a unha nova aspirante.

Con data do 27 de xuño, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña seis novas persoas aspirantes, xa que as persoas aspirantes que se relacionan a seguir presentaron a súa renuncia e, polo tanto, perderon o seu dereito para adquirir a condición de persoal funcionario en prácticas no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2:

NIF

Apelidos e nome

4

***9013**

Doval Miguens, Alexandre

40

***7467**

Rodríguez Elortegui, Íker

45

***9437**

Alcalde Núñez, Alejandro

46

***3721**

Suárez Ferradáns, César

62

***0347**

Villar Fernández, Sergio

96

***9750**

Braña Alonso, Natalia

De conformidade coa base II.1.2.11 da convocatoria, a orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións obtidas na fase de oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas que superaron o proceso selectivo antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano que convoca poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario en prácticas.

Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo establecida polo Acordo do 4 de marzo de 2024 (DOG núm. 50, do 11 de marzo) e modificada polo Acordo do 15 de abril de 2024 (DOG núm. 80, do 23 de abril); facer pública, como anexo a esta resolución, a relación que inclúe seis novas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, coas puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade, que ocupan as posicións que se reflicten no anexo na orde de persoas aspirantes propostas para o seu nomeamento como funcionarias en prácticas, e proceder a renumerar a orde a partir do posto número 4.

Segundo. De conformidade co establecido na base V.2 da convocatoria e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, estas persoas aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG para presentar a documentación prevista na citada base.

Terceiro. Elevarlle esta relación complementaria á persoa titular da Dirección Xeral da Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario en prácticas.

Cuarto. De acordo co disposto na base IV.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2024

María Ángeles Vidal Ruiz
Presidenta do tribunal

ANEXO

Nº orde

NIF

Apelidos e nome

Acceso

1º ex.

2º ex.

3º ex.

Total

115

***3850**

Varela Ordóñez, Ana

Libre

45,28

25,28

Exenta

70,56

116

***1993**

Dos Reis Varela, María del Pilar

Libre

43,86

26,70

Exenta

70,56

117

***8360**

Sobrado Eiras, Ladislao

Libre

38,67

31,81

Exento

70,48

118

***6017**

Vázquez Diz, Alba

Libre

41,50

28,97

Exenta

70,47

119

***3245**

Alonso Alonso, Adrián

Libre

32,54

37,78

Exento

70,32

120

***2716**

Prego Prado, Yago

Libre

41,03

29,26

Exento

70,29