DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 5 de xullo de 2024 Páx. 40742

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo, pola que se declaran as persoas aspirantes exentas da realización do terceiro exercicio.

O tribunal declara exentas de realizar o terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio, por teren acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral da Función Pública, ao abeiro do previsto na base II.1 da resolución da convocatoria.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024

Santiago Valencia Vila
Presidente do tribunal