DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 5 de xullo de 2024 Páx. 40747

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 25 de xuño de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 1 de decembro de 2023 (DOG núm. 231, do 5 de decembro) e modificada pola Resolución do 17 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 16, do 23 de xaneiro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron o 14 de marzo de 2024 ao segundo exercicio do proceso selectivo. De conformidade co disposto na base III.1.1.2 da convocatoria, superaron o segundo exercicio da fase de oposición as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de quince (15) puntos.

Segundo. De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio da fase de oposición serán publicadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De conformidade coa citada base III.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán formular as alegacións que consideren oportunas no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Tal e como recolle a base V.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2024

Eva Gloria Barbero Patiño
Presidenta do tribunal