DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 5 de xullo de 2024 Páx. 40778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 25 de xuño de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Picouto dos Corvos, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Fragoso, no concello de Castrelo de Miño.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 14 de maio de 2024, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Nome do monte : O Picouto dos Corvos.

Superficie: 2,36 ha.

Pertenza: CMVMC de Fragoso.

Parroquia: Macendo (Santa María).

Concello: Castrelo de Miño.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio único:

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados por un camiño sen catastrar.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32023A03000048 (parte)

Norte

32023A03509001

32023A03509003

32023A03009004

Leste

32023A03009004

32023A03009002

Sur

32023A03009002

32017A10700209

Oeste

32017A10700209

32023A03000086

Encravados

32023A03000089

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunos, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 25 de xuño de 2024

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense