DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 4 de xullo de 2024 Páx. 40631

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2024 pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito destinado á concesión das axudas para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial, convocadas por la Resolución do 18 de setembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 186, do 29 de setembro) (código de procedemento IG408A).

Primeiro. A Resolución do 18 de setembro de 2023 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas e dos préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, establece que as axudas se outorgarán por orde de presentación de solicitude completa a aquelas persoas solicitantes que cumpran cos requisitos establecidos nas bases ata o esgotamento dos créditos habilitados o que, de ser o caso, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. O crédito dispoñible na aplicación orzamentaria 05.A1.741A.7700 para concesión de axudas era de 3.000.000 € para as axudas aos proxectos de investimento empresarial xerais e de 3.000.000 € para as axudas aos proxectos de investimento en equipamento produtivo.

En virtude do anterior, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria 05.A1.741A.7700 para a concesión de axudas aos proxectos de investimento empresarial xerais e aos proxectos de investimento en equipamento produtivo ao abeiro da Resolución do 18 de setembro de 2023 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas e dos préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

Segundo. A derradeira solicitude de axuda a proxectos de investimento empresarial xerais concedida antes do esgotamento do crédito foi a completada o 1 de abril de 2024, expediente IG253.2023.1.61.

A derradeira solicitude de axuda a proxectos de investimento en equipamento produtivo concedida antes do esgotamento do crédito foi a completada o 1 de marzo de 2024, expediente IG287.2023.1.34.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2024

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica