DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 4 de xullo de 2024 Páx. 40692

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de persoal laboral temporal.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza a convocatoria para cubrir, polo procedemento de concurso-oposición, un posto de traballo de persoal laboral mediante contrato temporal de duración determinada vinculado a programas financiados con fondos europeos asociado ao proxecto SARIL, dentro do programa Horizon Europa:

– 1 praza de técnico/a de medioambiente GII BII N8.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web de Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es

Os/as aspirantes disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia para a presentación de solicitudes.

Vigo, 26 de xuño de 2024

Carlos Botana Lagarón
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo