DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 4 de xullo de 2024 Páx. 40662

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 26 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de reforma LMTA TUI803 Hospital.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma LMTA TUI803 Hospital, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

As persoas interesadas poderán presentar, no prazo de 20 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que se concrete o valor da indemnización que consideren que lles corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 26 de xuño de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/379-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforma LMTA TUI803 Hospital.

Concello: Tomiño.

Predio

Referencia catastral

Titular

1

36054A052003870000EU

Descoñecido/a

2

36054A052003560000EH

Descoñecido/a