DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 4 de xullo de 2024 Páx. 40659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 24 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de substitución apoio 9OR9A24N da LMT ROS8080063 e CT Camposancos.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución apoio 9OR9A24N da LMT ROS8080063 e CT Camposancos, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

As persoas interesadas poderán presentar, no prazo de 20 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que concrete o valor da indemnización que considere que lles corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 24 de xuño de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/223-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución apoio 9OR9A24N da LMT ROS8080063 e CT Camposancos.

Concello: A Guarda.

Predio

Refª catastral

Titular

1

36023A035000850000UL

Descoñecido/a

2

36023A033005100000UY

Descoñecido/a