DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 4 de xullo de 2024 Páx. 40650

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 24 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente CAZ-OU-43/2023-V e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en Ourense, sita na avenida de La Habana, nº 79, 5ª planta (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 24 de xuño de 2024

María José Fernández Laso
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto de notificación

Acto adoptado

CAZ-OU-43/2023-V

10085047F

Resolución de procedemento sancionador

Pola directora territorial

ANI-OU-04/2024-V

34973797C

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

ANI-OU-11/2024-V

40563619Z

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

ANI-OU-35/2024-V

34624272A

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola directora territorial

ANI-OU-54/2024-V

44462735D

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola directora territorial

ANI-OU-51/2024-V

34704640D

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola directora territorial