DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 4 de xullo de 2024 Páx. 40680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2024 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, acordouse, en virtude do indicado no seu artigo 70.13, dar publicidade ás resolucións, que poñen fin á vía administrativa, dos outorgamentos das seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

Data da resolución: 29.4.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-19-23-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio 13.19.edf.004 (pavillón deportivo) de titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de formación e promoción de deportes náuticos (piragüismo) e almacenaxe de embarcacións.

Porto: Aldán.

Concesionario: Clube do Mar Ría de Aldán.

Superficie concedida no título concesional: 637 m2.

Investimento: 0,00 €.

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 20.920,99 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,0 % das actividades portuarias de ensinanzas náuticas.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.

Taxas TODP con bonificación: 2.092,10 € anuais (IVE excluído).

Data da resolución: 2.5.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-07-23-C-2.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario soterrado, en voo e en superficie e da obra 14.07.obr.002 (liñas eléctricas e centro de transformación) para o desenvolvemento da actividade de subministración de electricidade.

Porto: Viveiro-Celeiro.

Concesionario: Begasa (Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.).

Superficie concedida no título concesional: 2.477 m2.

Investimento: 20.874,27 € (sen IVE).

Prazo da concesión: trinta e cinco (35) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 6.262,93 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, será de 4.954,00 € anuais polas redes de fornecemento de enerxía a clientes, exclusivamente dentro da zona de servizo do porto.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.

Data da resolución: 10.5.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-05-22-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio (14.05.edf.008) bar 1 + bar 2 (almacén anexo) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de bar-restaurante.

Porto: Burela.

Concesionario: Amares Mariña, S.L.

Superficie concedida no título concesional: 327 m2.

Investimento: 131.429,55 € (sen IVE).

Prazo da concesión: quince (15) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 19.557,79 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 2,0 % das actividades non estritamente portuarias de bar-restaurante.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.

Data da resolución: 16.5.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-21-23-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio 12.21.edf.012 (quiosco) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de venda de prensa, bebidas e snacks.

Porto: Laxe.

Concesionario: Víctor Manuel Lema Serantes.

Superficie concedida no título concesional: 20 m2.

Investimento: 0,00 €.

Prazo da concesión: cinco (5) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 425,45 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, 200,00 € mensuais en concepto de venda de produtos comestibles sen elaboración, bebidas e/ou non comestibles.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.

Data da resolución: 22.5.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-55-23-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie, rampla e dous edificios 12.55.edf.012 (nave estaleiros 1) e 12.55.edf.013 (nave estaleiros 3) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de estaleiro de embarcacións menores de casco de madeira.

Porto: Rianxo.

Concesionario: Astilleros Catoira, S.L.

Superficie concedida no título concesional: 2.224 m2.

Investimento: 0,00 €.

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 32.208,10 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,0 % das actividades portuarias de estaleiros.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.

Taxas TODP con bonificación: 18.976,96 € anuais (IVE excluído).

Data da resolución: 22.5.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-04-23-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do edificio 13.04.edf.001 (lonxa) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade comercial de lonxa para o sector pesqueiro e/ou marisqueiro.

Porto: O Xufre (A Illa de Arousa).

Concesionario: Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da provincia de Pontevedra (OPP20).

Superficie concedida no título concesional: 1.540 m2.

Investimento: 0,00 €.

Prazo da concesión: quince (15) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 18.429,72 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.

Taxas TODP con bonificación: 1.842,97 € anuais (IVE excluído).

Data da resolución: 23.5.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-48-23-C-3.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario e do edificio 12.48.edf.022 (almacéns armadores) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de almacén de armadores.

Porto: Ribeira.

Concesionario: Asociación de Armadores de Palangre de Ribeira e Aguiño.

Superficie concedida no título concesional: 320 m2.

Investimento: 0,00 €.

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 13.968,86 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,5 % das actividades portuarias de naves de almacenaxe.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.

Data da resolución: 24.5.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-07-24-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio clave 14.07.edf.019 titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de procesado e envasado de produtos do mar.

Porto: Viveiro-Celeiro.

Concesionario: Confraría de Pescadores de Celeiro.

Superficie concedida no título concesional: 557 m2.

Investimento: 765.230,64 € (sen IVE).

Prazo da concesión: trinta e cinco (35) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 28.458,51 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,5 % das actividades portuarias de naves de almacenaxe e do 1,5 % das actividades portuarias de transformación e manipulación da pesca.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.

Data da resolución: 30.5.2024.

Tipo de trámite: prórroga de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-02-08-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio centro de recepción de visitantes e sala de exposicións non titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de exposicións relacionadas coa cultura marítimo-pesqueira.

Porto: Ortigueira.

Concesionario: Concello de Ortigueira.

Superficie concedida no título concesional: 372 m2.

Investimento: 0,00 €.

Prazo da concesión: ata o 14.5.2031.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 1.047,59 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 2 % das actividades portuarias culturais (museos e/ou exposicións relacionadas coa cultura marítima pesqueira) e do 2 % das actividades non estritamente portuarias de cafetaría.

Taxa TODP susceptibles de bonificación/s: si.

Taxa TODP con bonificación: 123,91 € anuais (IVE excluído).

Data da resolución: 3.6.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-28-23-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio 12.60.edf.001 (lonxa) para o desenvolvemento das actividades de lonxa, oficinas e depuradora de moluscos.

Porto: Maniños-Barallobre.

Concesionario: Confraría de Pescadores de Barallobre.

Superficie concedida no título concesional: 665 m2.

Investimento: 30.236,09 € (sen IVE).

Prazo da concesión: quince (15) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 12.506,64 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa, de 80,00 € anuais en concepto de carretilla elevadora, e unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1 % das actividades portuarias de depuradoras de moluscos.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.

Taxas TODP con bonificación: 5.188,27 € anuais (IVE excluído).

Data da resolución: 3.6.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-28-24-C-1.

Obxecto da concesión: explotación de estación marítima de Baiona como bar cafetaría.

Porto: Baiona.

Concesionario: El Viso Social, S.L.

Superficie concedida no título concesional: 275,86 m2.

Investimento: 27.275,00 € (sen IVE).

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 12.608,63 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 2% das actividades non estritamente portuarias de hostalaría.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.

Taxas TODP con bonificación: 8.826,81 € anuais (IVE excluído).

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución en que se fai público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia