DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 3 de xullo de 2024 Páx. 40557

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 21 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador ANI-PO-0043/2024 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei, 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica, despois de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultar descoñecidos ou porque, tentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede deste departamento territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, 43, 4ª planta, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 21 de xuño de 2024

O director territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 137/2024, do 20 de maio; DOG do 27 de maio)
Mª Dolores Bazán Arcay
Xefa do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado por

ANI-PO-0043/2024

44089107Q

Incoación

Polo director territorial

ANI-PO-0045/2024

25505965Z

Incoación

Polo director territorial

ANI-PO-0047/2024

34872196X

Incoación

Polo director territorial