DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 3 de xullo de 2024 Páx. 40573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, de notificación do inicio dun trámite de audiencia, en relación co expediente de reestruturación parcelaria da zona de Mourazos-Tamagos-Tamaguelos (Verín-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, as persoas interesadas citadas no anexo poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 21 de xuño de 2024

José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense

ANEXO

Nº de propiedade

Interesada/o

Acto que se notifica

97

34642777Q

Trámite audiencia

489

34719406D

Trámite audiencia

545

34639358R

Trámite audiencia

562

34718345Y

Trámite audiencia