DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 3 de xullo de 2024 Páx. 40551

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas nas convocatorias excepcionais do proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de persoal de investigación e se publican as datas de realización da fase de entrevista.

Mediante a Resolución do 27 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023), realizouse a convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de persoal de investigación.

Mediante a Resolución deste mesmo centro directivo, do 11 de abril de 2023 (DOG núm. 77, do 21 de abril), publicouse a relación provisional de admitidos/as e excluídos en diversas categorías de persoal estatutario, incluídas as de persoal investigador, nas convocatorias excepcionais do proceso selectivo de estabilización polo sistema de concurso de méritos. Finalizou o prazo de emenda previsto na base sexta das resolucións de convocatoria.

A Resolución do 11 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 15 do 22 de xaneiro) nomeou o tribunal cualificador da convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de persoal de investigación.

Logo de realizada a constitución do tribunal cualificador e de conformidade coas anteditas bases, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, no proceso selectivo para o ingreso nas categorías de persoal investigador:

• Investigador-non sanitario-subgrupo A1.

• Investigador-sanitario-subgrupo A1.

• Investigador-sanitario-subgrupo C1.

Segundo. As listas coa relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do motivo de exclusión, nas categorías relacionadas no punto anterior e nas liñas de investigación correspondentes, poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Cada aspirante poderá consultar tamén o estado da solicitude no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos/concurso de méritos.

Terceiro. Contra as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as, as persoas excluídas poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación.

Cuarto. A base oitava da convocatoria do proceso selectivo establece que, co obxecto de poder realizar a avaliación dos méritos achegados polos aspirantes, o tribunal, de entendelo oportuno, realizará unha entrevista aos aspirantes para valorar a relación dos méritos achegados coa liña de investigación a que concorran, aos cales lle asignaran as puntuacións establecidas no baremo recollido no anexo II desa mesma convocatoria.

Na entrevista, que terá unha duración máxima de corenta minutos, os aspirantes deberán defender a vinculación dos seus méritos coa liña de investigación da/das praza/s a que optan. En particular, deberán facer exposición e defensa pública da adecuación da experiencia, das publicacións, dos proxectos de investigación e da participación en proxectos dos centros de investigación biomédica en rede (CIBER) ou das redes temáticas de investigación cooperativa, ás características da liña/s de investigación da/das prazas/s a que optan.

A orde de celebración das entrevistas comezará por aqueles aspirantes cuxo primeiro apelido comece pola letra «T», de acordo co establecido na Resolución do 28 de xaneiro de 2022, da Consellería de Facenda e Función Pública, pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, establecendo o apelido de inicio da orde de actuación respecto dos procesos de selección para o ingreso na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2022.

A entrevista ten carácter obrigatorio para todos/as os/as aspirantes. A non comparecencia á realización da entrevista implicará a exclusión do proceso selectivo, quedando sen efecto todas as súas actuacións nel.

Quinto. O lugar de realización das entrevistas será a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) na sala 3 do 1º andar, os días 11 e 17 de xullo de 2024, e a hora de inicio de cada unha das xornadas será ás 9.00 horas.

As persoas aspirantes deberán presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

No anexo I recóllese a relación de persoas aspirantes admitidas nas categorías de persoal investigador e citadas á fase de entrevista prevista na base oitava da convocatoria do proceso selectivo.

Co obxecto de axilizar o proceso e no caso de que a persoa aspirante se presente a máis dunha liña de investigación, e tendo en conta que o tribunal é único, realizarase unha soa entrevista na cal a persoa aspirante exporá a relación dos méritos achegados ás características das liñas de investigación das prazas a que opta.

Publicarase na páxina web do Servizo Galego de Saúde, cunha antelación mínima de 5 días naturais, a relación de aspirantes citados/as en cada xornada coa hora prevista de realización da entrevista.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2024

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Persoas aspirantes admitidas e citadas á entrevista

Relación de aspirantes citados/as á entrevista, segúndo a orde establecida na Resolución do 28 de xaneiro de 2022 da Consellería de Facenda e Función Pública.

Día 11.7.2024.

Lugar: sala 3, 1º andar. Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS).

Hora de inicio: 9.00 horas.

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome investigador

Categoría: investigador sanitario-subgrupo C1

1

***3402**

García Catoira, Francisco

2

***6609**

Miranda Ponte, Sara

3

***5233**

Picado Barreiro, Marta

4

***3294**

Rial Pérez, Andrea

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome investigador

Categoría: investigador non sanitario-subgrupo A1

5

***9324**

Teijeira Bautista, Susana

6

***9491**

Blanco Verea, Alejandro José

7

***5472**

Garabal Sánchez, José Ignacio

8

***0094**

Martínez Domínguez, Andrea

9

***6276**

Redondo Marey, Carmen María

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome investigador

Categoría: investigador-sanitario-subgrupo A1

10

***4555**

Tomas Carmona, María del Mar

11

***8859**

Abal Posada, Miguel

12

***7542**

Agis Balboa, Roberto Carlos

13

***8573**

Beceiro Casas, Alejandro José

14

***2354**

Brión Martínez, María José

15

***2741**

Busto Domínguez, Iván

16

***0212**

Campos Pérez, Francisco

17

***3001**

Caramés Pérez, Beatriz

18

***2480**

Castelao Fernández, José Esteban

19

***7426**

Collado Rodríguez, Manuel

20

***5397**

Conde Muro, Carmen

21

***1137**

Costas Costas, Javier

Día: 17.7.2024.

Lugar: sala 3, 1º andar. Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS).

Hora de inicio: 9.00 horas.

Nº orde

DNI

Apellidos e nome investigador

Categoría: investigador-sanitario-subgrupo A1

22

***8697**

De la Fuente Freire, María

23

***6020**

Diego González, Lara

24

***2873**

Doménech García, Nieves

25

***3126**

Fernández Ferreiro, Anxo

Nº orde

DNI

Apelidos e nome investigador

26

***4822**

Fernández García, José Luis

27

***3834**

Gómez Vaamonde, Rodolfo

28

***6349**

González Izquierdo, Andrea

29

***3388**

González Martínez-Pedrayo, Antonio Luis

30

***3960**

Gualillo, Oreste

31

***8531**

Lago Paz, María Francisca

32

***2960**

López Armada, María José

33

***3173**

Mayan Santos, María Dolores

34

***3109**

Pardo Montero, Juan

35

***0942**

Pardo Pérez, María

36

***4991**

Pazos Randulfe, Yolanda

37

***5363**

Pérez Camiña, Jesús

38

***5430**

Poveda López, Eva

39

***2563**

Rego Pérez, José Ignacio

40

***0676**

Regueiro Mira, Francisco

41

***9262**

Ruiz Romero, Cristina

42

***9020**

Seoane Camino, Luisa María

43

***7098**

Sobrino Moreiras, Tomas