DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 2 de xullo de 2024 Páx. 40371

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para agrupación das parcelas I-10A-2 e I-10A-3, do polígono industrial de Piadela Sur, fase III, concello de Betanzos.

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 14 de decembro de 2023, aprobou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de estudo de detalle para a agrupación das parcelas I-10A-2 y I-10A-3, do polígono industrial de Piadela Sur, fase III, concello de Betanzos, con data de marzo de 2023, realizado polo arquitecto Juan Carlos Rodríguez Álvarez, número de colexiado 1776.

Segundo. Abrir un período de información pública por un prazo dun mes desde a publicación do anuncio da aprobación inicial no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Durante o período de información pública, calquera persoa poderá examinarse o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello (https://sede.betanzos.gal).

Terceiro. Notificar individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados e outorgarlles un período de audiencia dun mes.

Cuarto. Suspender o outorgamento das licenzas nas áreas afectadas pola aprobación do estudo de detalle, e que son as seguintes:

Áreas obxecto de suspensión de licenzas

Tipo de licenza

Parcelas con referencia catastral 2317404NH6921N0000OK e 2317405NH6921N0000KK)

Licenzas de parcelamento de terreos e edificación.

A duración da suspensión terá unha duración máxima de dous anos.

Quinto. Notificar esta resolución aos interesados e dar traslado do acordo aos distintos servizos administrativos da corporación.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos/as asistentes, acorda aprobar esta proposta.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará á disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo do Concello de Betanzos (praza de Galicia, número 1), das 9.00 ás 13.00 horas, logo de cita que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal.

Betanzos, 21 de marzo de 2024

María Barral Varela
Alcaldesa