DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 2 de xullo de 2024 Páx. 40341

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 10 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS650A e un máis.

Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, tentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidera efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas, que son emprazadas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo, na rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, das 9.00 horas ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non o faceren así, se considerarán efectuadas as notificacións no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante este departamento territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 10 de xuño de 2024

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO I

Procedemento BS650A:

Número expediente

Número DNI/NIE/Pasaporte ou similar persoa interesada

Resolución e data

36/00111-I/23

04683748M

Caducidade 6.5.2024

36/00228-I/23

Z0494453G

Caducidade 6.5.2024

36/00347-I/23

Y2833568M

Caducidade 6.5.2024

36/00360-I/23

77014728X

Denegación 11.4.2024

36/00454-I/23

X1400538E

Caducidade 6.5.2024

36/00489-I/23

36130603H

Denegación 11.4.2024

ANEXO II

Procedemento BS650G

Número expediente

Número DNI/NIE/Pasaporte ou similar persoa interesada

Resolución e data

36/00026-X/06

35411147W

Suspensión 24.4.2024