DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 2 de xullo de 2024 Páx. 40318

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2024 pola que se nomean como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril).

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 65, do 4 de abril), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 12 de xuño de 2024 (DOG núm. 117, do 18 de xuño), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nas demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais, segundo o disposto na base IV.5, os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se encontre na situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, caso en que poderán tomar posesión durante esta situación.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público
e Administración de Persoal

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Nivel

Observ.

1

***4488**

Amado González, Fernando

2

EDC995030136001003

Técnico/a superior de arquivos

CU

Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

A1

22

Xornada de mañá ou de tarde

2

***5615**

Quiroga Barro, Susana

1

EDC995030115001006

Técnico/a superior de arquivos

CU

Arquivo do Reino de Galicia

Servizos periféricos

A Coruña

A1

22

Xornada de mañá ou de tarde

3

***9424**

Tobal Oubiña, Eva María

3

PSC020000015770090

Técnico/a superior de arquivos

PS

Secretaría Xeral Técnica

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

A1

20

4

***1884**

Boullosa Rodríguez, Paula

6

EDC995030136001004

Técnico/a superior de arquivos

CU

Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

A1

22

Xornada de mañá ou de tarde

5

***2604**

Rodríguez Seoane, Brenda

4

EDC995030115001007

Técnico/a superior de arquivos

CU

Arquivo do Reino de Galicia

Servizos periféricos

A Coruña

A1

22

Xornada de mañá ou de tarde

6

***6278**

Pontes Lamas, Ana Isabel

5

EDC995030127001004

Técnico/a superior de arquivos

CU

Arquivo Histórico Provincial de Lugo

Servizos periféricos

Lugo

A1

22

Xornada de mañá ou de tarde