DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 2 de xullo de 2024 Páx. 40355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se emprazan propietarios da zona de concentración parcelaria de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar) para seren notificados por comparecencia de resolucións que modifican as bases e o acordo de reestruturación/concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a propietarios da zona de concentración parcelaria de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña), que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia de resolucións que modifican as bases e o acordo de reestruturación/concentración da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestructuras Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 18 de xuño de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

ZCP San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña)

DNI/nome

Nº prop.

Acto notificado

Benito Freire Castelo

100

Resolución do 7.5.2024

76446030X

133

Resolución do 16.5.2024

76482383T

133

Resolución do 16.5.2024

33150676V

133

Resolución do 16.5.2024

14386840H

179

Resolución do 7.5.2024

32309094M

216

Resolución do 7.5.2024

32386944T

457

Resolución do 7.5.2024

76483620H

573

Resolución do 13.5.2024