DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 1 de xullo de 2024 Páx. 40116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se lle notifica á interesada a Resolución do 10 de xuño de 2024 relativa a unha instalación eléctrica no concello de Bande, provincia de Ourense (expediente IN407A 2024/031-3).

Mediante a Resolución do 10 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declarouse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, unha instalación eléctrica no concello de Bande (expediente IN407A 2024/031-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a persoa titular do predio que no anexo se relaciona para ser notificada por comparecencia, ao non ser posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

A persoa interesada, ou seus representantes, deberá comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, neste Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 13 de xuño de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de persoas afectadas descoñecidas, de domicilio ignorado ou non notificadas

Número de expediente: IN407A 2024/031-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Regulamentación LMTA CCH802 no treito entre os apoios número 138-B28-11 e número 138-B28-13 (Bande).

Concello: Bande.

Predio número en proxecto: 1; referencia catastral: 32007A106004960000IF.

Lugar: Castiñeira.

Cultivo: prado.

Persoa titular: descoñecida.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio número 138-B28-12.