DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 1 de xullo de 2024 Páx. 40138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 18 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Vigo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0251/2024-TRA e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-PO-0251/2024-TRA e oito máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, nº 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuaren alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

Vigo, 18 de xuño de 2024

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0251/2024-TRA

GD417975

Inicio

Giol Vicente, 10, Setúbal (Portugal)

PSC-PO-0255/2024-COP

223193267

Inicio

Olivério Serpa, 4, Setúbal (Portugal)

PSC-PO-0264/2024-TRA

10899261K

Inicio

Castelao, 37, 3º, O Grove

PSC-PO-0286/2024-PPM

53611262X

Inicio

A Carrasqueira, 105, Moaña

PSC-PO-0297/2024-PPM

76931222V

Inicio

Piñeiros, 11, Sanxenxo

PSC-PO-0314/2024-COP

35473783D

Inicio

Estorniño, 3, 3º A, Vilagarcía de Arousa

PSC-PO-0334/2024-PPM

36033542V

Inicio

A Coruña, 10, 1º A, A Guarda

PSC-PO-0336/2024-V

77415748W

Inicio

Saíñas, 1, 1º A, Poio

PSC-PO-0344/2024-PPM

35488989N

Inicio

Avenida da Ponte, 79, A Illa de Arousa