DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 1 de xullo de 2024 Páx. 40149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 17 de xuño de 2024, da Área Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente OU-2005/702 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Ourense.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Sáenz Díez, nº 1, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 17 de xuño de 2024

A xefa da Área Provincial de Ourense
P.S. (Resolución 21.5.2024)
Mª Ángeles Mosqueira Vidal
Xefa do Servizo Técnico da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

Acto obxecto de notificación

OU-2005/702, conta 8

34931493J

Resolución de contrato de alugueiro

OU-2002/704, conta 20

34930728F

Resolución de contrato de alugueiro

OU-2008/NR-07, conta 2

40463393E

Resolución de contrato de alugueiro