DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 28 de xuño de 2024 Páx. 39985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 4 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños números 726, 736 e 737.

Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo, do 4 de xuño de 2024, se autorizou a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños que a seguir se describen:

– Parque 1:

Identificación e localización: parcela número 726 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, concello de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 55,65 m2.

Data da resolución do outorgamento: 1.7.2019 (DOG núm. 131, do 11 de xullo).

Remate da vixencia: 12.7.2029.

– Parque 2:

Identificación e localización: parcela número 736 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, concello de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 1.145,23 m2.

Data da resolución do outorgamento: 1.7.2019 (DOG núm. 131, do 11 de xullo).

Remate da vixencia: 12.7.2029.

– Parque 3:

Identificación e localización: parcela número 737 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, concello de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 475,22 m2.

Data da resolución do outorgamento: 1.7.2019 (DOG núm. 131, do 11 de xullo).

Remate da vixencia: 12.7.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa.

Actual titular: José Farto Antelo (***0000**).

Novos titulares: María Carmen Meaños Galbán (***9373**), Irene María Farto Meaños (***6329**), María del Mar Farto Meaños (***5934**), Juan José Farto Meaños (***5115**) e Vanesa Farto Meaños (***7736**).

Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas do anterior.

Vigo, 4 de xuño de 2024

Sonia Lorenzo Santos
Directora territorial de Vigo