DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 28 de xuño de 2024 Páx. 39988

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de xuño de 2024 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado de glorieta na intersección da AC-862 coa AC-115 en Xuvia, de clave AC/23/151.06; así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Por resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 10 de xuño de 2024 realizouse a aprobación provisional do proxecto de trazado de glorieta na intersección da AC-862 coa AC-115 en Xuvia, de clave AC/23/151.06, no municipio de Neda (A Coruña), que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado de glorieta na intersección da AC-862 coa AC-115 en Xuvia, de clave AC/23/151.06, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, por escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Segundo. Someter ao tramite de información publica a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Terceiro. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15071 A Coruña) e na Casa do Concello de Neda.

Así mesmo, a documentación íntegra do proxecto e un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación, estará dispoñible na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/informacion-publica/estudos

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2024

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Glorieta na intersección da AC-862 coa AC-115 en Xuvia

Clave AC/23/151.06

Concello de Neda.

Ref. catastral

Titular

DNI

Clase de solo
(catastro)

Clasificación
urbanística

Sit. básica do solo
(RDL 7/2015)

Expropiación
(m2)

Bens afectados

Cant.

Unid.

Descrición

1

8883801NJ6188S

Andrés Orosa Tejeiro (hr.)

---

Urbano

Solo urbano consolidado

Urbanizado. Residencial

806

37

m3

Muro de cachotaría ordinaria con morteiro i/pp cimentación e piares

49

m

Malla electrosoldada i/pp postes galvanizados

2

ud

Cancela metálica