DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 28 de xuño de 2024 Páx. 39896

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 25 de xuño de 2024 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de postos de persoal directivo na Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

Pola Orde desta consellería do 3 de xuño de 2024 (DOG núm. 111, do 10 de xuño de 2024) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de postos directivos na Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería do 3 de xuño de 2024 (DOG núm. 111, do 10 de xuño) para os efectos previstos no punto 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segundo. Seleccionar e nomear, para o desempeño dos postos que se indican, as persoas que figuran no anexo I desta orde.

Terceiro. Seleccionar, para o desempeño do posto que se indica, a persoa que figura no anexo II desta orde, para os efectos de que se proceda á súa vinculación mediante contrato laboral de alta dirección.

Cuarto. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2024

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Posto: subdirector/a de Humanización e Atención á Cidadanía.

Nome e apelidos: Juan Manuel González Lorenzo.

DNI (*): ***7531**

Posto: director/a asistencial.

Nome e apelidos: José Javier Ventosa Rial.

DNI (*): ***3342**

Posto: director/a de Atención Hospitalaria.

Nome e apelidos: Luis González Taboada.

DNI (*): ***0856**

Posto: director/a de Enfermaría.

Nome e apelidos: María Isabel Campos Pardo.

DNI (*): ***5921**

ANEXO II

Posto: director/a do Distrito Sanitario da Barbanza.

Nome e apelidos: Hugo Pérez Freixo.

DNI (*): ***8102**

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.