DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 27 de xuño de 2024 Páx. 39638

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2024 pola que se aproba e fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o acceso á escala administrativa, subgrupo C1, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 21 de decembro de 2023 (DOG do 11 de xaneiro de 2024 e BOE do 22 de abril de 2024), convocáronse probas selectivas para cubrir oito prazas na escala administrativa (subgrupo C1) da USC, pola quenda de acceso libre. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas pola quenda de acceso libre.

Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalFuncionario.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela