DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 27 de xuño de 2024 Páx. 39476

I. Disposicións xerais

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 137/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Advertido erro no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 101, do 27 de maio de 2023, é preciso facer as seguintes correccións:

Na páxina 31624, na letra c), onde di:

«c) As funcións de control do Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes».

Debe dicir:

«c) O asesoramento e asistencia aos concellos en materia de aplicación da normativa contra a contaminación acústica de Galicia».

Na páxina 31625, onde di:

e) Calquera outra función que lle sexa asignada polos órganos de que depende.

Debe dicir:

«e) As funcións de control do Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes.

f) Calquera outra función que lle sexa asignada polos órganos de que depende».

Na páxina 31639, onde di:

«n) A tramitación e proposta dos procedementos para o outorgamento dos títulos de intervención ou a emisión de informes equivalente para a utilización dos espazos terrestres na zona de servidume de protección do litoral e dominio público marítimo-terrestre e calquera outra función que, en relación coa ordenación do litoral, lle encomenden».

Debe dicir:

«n) A tramitación dos procedementos para o outorgamento dos títulos de intervención para a utilización dos espazos terrestres na zona de servidume de protección do litoral e dominio público marítimo-terrestre e calquera outra función que, en relación coa ordenación do litoral, lle encomenden».

Na páxina 31640, onde di:

«f) A xestión de servicio de préstamo de sonómetros aos concellos para apoio no exercicio das competencias da Administración local en contaminación acústica.

g) As restantes funcións que lle podan ser asignadas en materia de calidade ambiental e cambio climático».

Debe dicir:

«f) As restantes funcións que lle poidan ser asignadas en materia de calidade ambiental e cambio climático».