DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 27 de xuño de 2024 Páx. 39647

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 14 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade ao informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual número 4 das normas subsidiarias de planeamento de Malpica de Bergantiños para a recualificación dun ámbito de solo urbano de uso residencial para uso dotacional de equipamento sanitario e dotacional múltiple, no concello de Malpica de Bergantiños (expediente 2024AAE2886).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 13 de xuño de 2024, sobre a modificación puntual número 4 das normas subsidiarias de planeamento de Malpica de Bergantiños para a recualificación dun ámbito de solo urbano de uso residencial para uso dotacional de equipamento sanitario e dotacional múltiple, no concello de Malpica de Bergantiños.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2024AAE2886).

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024

Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade