DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 27 de xuño de 2024 Páx. 39651

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 14 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente ANI-OU-39/2024-V e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouse por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, sita na avenida de la Habana, nº 79, 5ª planta (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 14 de xuño de 2024

María José Fernández Laso
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto de notificación

Acto adoptado

ANI-OU-39/2024-V

34917457F

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola directora territorial

ANI-OU-43/2024-V

07232212T

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola directora territorial