DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 27 de xuño de 2024 Páx. 39674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se emprazan os propietarios da zona de concentración parcelaria de Fisteus (Curtis-A Coruña) para seren notificados por comparecencia de requirimento de documentación e dun trámite de audiencia para a modificación do acordo de restruturación da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), propietarios da zona de concentración parcelaria de Fisteus (Curtis-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia de requirimento de documentación e dun trámite de audiencia para modificación do acordo de restruturación da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os expedientes poderanse consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 14 de xuño de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

Anexo

ZCP Fisteus (Curtis-A Coruña).

DNI/Nome

Acto notificado

32773534Y

Requirimento de documentación

47380307P

Requirimento de documentación

33160098D

Trámite de audiencia