DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 26 de xuño de 2024 Páx. 39449

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 16 de maio de 2024, da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Viveiro (expediente DH.W27.97776).

En cumprimento do previsto no artigo 78. ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: CMVMC San Pedro de Viveiro Lamas de Toxo.

DNI: G27196112.

Expediente: DH.W27.97776.

Parroquia: San Pedro de Viveiro.

Concello: Viveiro.

Descrición das actuacións: as obras solicitadas consisten no peche perimetral do campo parroquial, situado na parcela con referencia catastral 27067A038000200000XO, na zona de policía do río Landro.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rolda da Muralla, núm. 70, 2º, 27071 Lugo, con cita previa no teléfono 982 29 44 14.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 16 de maio de 2024

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña