DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 26 de xuño de 2024 Páx. 39418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 6 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Baleira (expediente IN407A 2024/51-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA CRG811 no tramo entre os apoios núms. 63-89 e núms. 63-96 (Baleira).

Características técnicas principais:

– Substitución dos apoios de formigón núms. 63-90, 63-91, 63-92 e 63-93 da LMTA CRG811 a 20 kV por apoios de celosía metálica de tipo C-16/1000, C-16/1000, C-14/1000 e C-18/1000, respectivamente.

– Renovación do condutor existente tipo LA-56 entre os apoios núms. 63-89 existente e núms. 63-90 proxectado, cunha lonxitude de 90 m.

– Retensado do condutor existente tipo LA-56 entre os apoios núms. 63-90 proxectado e núms. 63-96 existente, cunha lonxitude de 780 m.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta dirección territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70), referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de trinta días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta dirección territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde, e na seguinte ligazón web da Consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacion-electrica/baleira-3

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben intentada a notificación, non se puidera realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 6 de xuño de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de regulamentación
LMTA CRG811 no tramo entre os apoios núms. 63-89 e núms. 63-96 (Baleira)

Concello: Baleira (Lugo).

Expediente: IN407A 2024/51-2.

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio (nº)

Apoio (m2)

Superficie (m2)

1

54

153

Carballal

Monte alto

Descoñecido

63-90

1

2