DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 26 de xuño de 2024 Páx. 39413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 4 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica nos concellos de Cartelle e Castrelo de Miño (expediente IN407A 2024/072-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA CAS805 no treito entre apoios núm. AXUX17PH e núm. D23-23.

Situación: concellos de Cartelle e Castrelo de Miño.

Características principais recollidas no proxecto:

• Substitución, na LMT CAS805, dos apoios núm. D23-20, núm. D23-21 e núm. D23-22, do tipo HV, por novos apoios de celosía metálica do tipo C-14/1000, C-14/1000 e C-16/1000 respectivamente. Substitución do condutor existente entre os apoios proxectados núm. D23-20 e núm. D23-22 por 320 m de novo condutor LA-110.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1.534 do ICOIIG, o 5.4.2024.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar neste Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 4 de xuño de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2024/072-3.

Situación: concellos de Cartelle e Castrelo de Miño.

Denominación: regulamentación LMTA CAS805 no treito entre apoios núm. AXUX17PH e núm. D23-23.

Concello de Cartelle.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32021A204000060000EX.

Lugar: monte Seara.

Cultivo: monte alto.

Titular: CMVMC de Regas e Serra do Paramo.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. D23-22.

Concello de Castrelo de Miño.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32023A076001220000HU.

Lugar: monte Seara.

Cultivo: monte alto.

Titular: CMVMC da Serra.

Afeccións: ocupación de 4 m2 para os apoios núm. D23-20 e D23-21.