DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 26 de xuño de 2024 Páx. 39402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 13 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade ao informe ambiental estratéxico relativo ao Plan estruturante de ordenación de solo empresarial da ampliación do parque empresarial de Santa Comba (expediente 2024AAE2871).

De acordo co artigo 55 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 12 de xuño de 2024, sobre o Plan estruturante de ordenación de solo empresarial da ampliación do parque empresarial de Santa Comba.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2024AAE2871).

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2024

Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade