DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 26 de xuño de 2024 Páx. 39400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 13 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto LAT 132 kV SET PE Troitomil - LAT 132 kV SET PE Banzas/SET colectora Lousame, nos concellos da Baña e Negreira (A Coruña) (expediente 2020/0284).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, o 12 de xuño de 2024, do proxecto LAT 132 kV SET PE Troitomil - LAT 132 kV SET PE Banzas/SET colectora Lousame, nos concellos da Baña e Negreira (A Coruña), promovido por ICE Troitomil, S.L.

A dita declaración poderase consultar na ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa), e da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas da Consellería de Economía e Industria (San Caetano, s/n, bloque 5, cuarto piso, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2024

Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade