DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 26 de xuño de 2024 Páx. 39433

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de xuño de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos aos deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 99/76 e trinta e nove máis).

Na sesión celebrada o día 4.6.2024, o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Lugo, por unanimidade, acordou aprobar os seguintes deslindamentos entre montes veciñais e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes correspondentes:

– MVMC Abradelo (expediente 99/76), pertencente aos veciños de Abradelo, da parroquia do Real (Samos); MVMC Pasantes (expediente 76/79), pertencente aos veciños de Pasantes, da parroquia de Triacastela (Triacastela).

O 28.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 22.5.2024, o Servizo de Montes emite un informe (nº 2022_186) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Abradelo: 354,29 hectáreas. Esta modificación ten en conta a revisión de esbozo nº 2022_94.

• MVMC Pasantes: 383,89 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– MVMC Abradelo (expediente 99/76), pertencente aos veciños de Abradelo, da parroquia do Real (Samos); MVMC Pena do Marco (expediente 74/79), pertencente aos veciños de Ramil e Triacastela, da parroquia de Triacastela (Triacastela).

O 28.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 28.5.2024, o Servizo de Montes emite un informe (nº 2022_196) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Abradelo: 352,63 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento co MVMC Pasantes, nº 2022_186.

• MVMC Pena do Marco: 130,66 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– MVMC Vilafiz (expediente 32/76), pertencente aos veciños da parroquia de Vilafiz (Friol); MVMC Pena do Lobo, Carpaceira Malladoiro e Penas (expediente 47/80), pertencente aos veciños da parroquia de Torible (Lugo).

O 29.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 14.5.2024, o Servizo de Montes emite un informe (nº 2022_259) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Vilafiz: 522,63 hectáreas.

• MVMC Pena do Lobo, Carpaceira Malladoiro e Penas: 203,61 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– MVMC Vilalvite (expediente 31/76), pertencente aos veciños da parroquia de Vilalvite (Friol); MVMC Arriba e Gándaras de Ceide (expediente 49/80), pertencente aos veciños da parroquia de Outeiro (Lugo); MVMC Pena do Lobo, Carpaceira Malladoiro e Penas (expediente 47/80), pertencente aos veciños da parroquia de Torible (Lugo); MVMC Serén, pertencente aos veciños da parroquia de Serén (Friol); MVMC Vilafiz (expediente 32/76), pertencente aos veciños da parroquia de Vilafiz (Friol).

O 29.9.2022, a comunidade de Vilavite presentou unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo coas comunidades de Outeiro, Torible, Serén e Vilafiz, respectivamente, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Tras serlles requirido, o 22.4.2024 foi presentada unha emenda da solicitude.

O 22.5.2024, o Servizo de Montes emite un informe (nº 2022_264) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Vilalvite: 222,63 hectáreas. Esta modificación ten en conta a revisión de esbozo seguida no procedemento nº 2022_191.

• MVMC Arriba e Gándaras de Ceide: 204,09 hectáreas.

• MVMC Pena do Lobo, Carpaceira Malladoiro e Penas: 204,97 hectáreas. Esta modificación ten en conta o procedemento de deslindamento nº 2022_259.

• MVMC Serén: 61,48 hectáreas. Esta modificación ten en conta a revisión de esbozo nº 2022_107.

• MVMC Vilafiz: 525,58 hectáreas. Esta modificación ten en conta o procedemento de deslindamento nº 2022_259.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– MVMC Arriba e Gándaras de Ceide (expediente 49/80), pertencente aos veciños da parroquia de Outeiro (Lugo); MVMC Vilalvite (expediente 31/76), pertencente aos veciños da parroquia de Vilalvite (Friol); MVMC Monte do Rei e Gándaras de Ceide ou Camoira (expediente 50/80), pertencente aos veciños da parroquia de Camoira (Lugo); MVMC Grela, Lamas, Pena do Rei, Costa, Couriscada e Pena da Lebre (expediente 40/80), pertencente aos veciños da parroquia de Santa María Alta (Lugo).

O 30.9.2022, a comunidade de Outeiro presentou unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo coas comunidades de Vilalvite, Camoira e Santa María Alta, respectivamente, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Tras serlles requirido, a solicitude foi emenda.

O 27.5.2024, o Servizo de Montes emite un informe (nº 2022_285) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Arriba e Gándaras de Ceide: 204,09 hectáreas. Ten en conta o procedemento de deslindamento nº 2022_264.

• MVMC Vilalvite: 222,63 hectáreas. Ten en conta o procedemento de deslindamento nº 2022_264.

• MVMC Monte do Rei e Gándaras de Ceide ou Camoira: 270,55 hectáreas.

• MVMC Grela, Lamas, Pena do Rei, Costa, Couriscada e Pena da Lebre: 305,74 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– MVMC Argán de Moncelos (expediente 122/77), pertencente aos veciños da parroquia de Moncelos; MVMC Argán de Corvite, Curros da Chimenea e Veiga da Alaxe (expediente 117/77), pertencente aos veciños da parroquia de Corvite; MVMC Argán de Vilarente (expediente 126/77), pertencente aos veciños de Touceira, Vilar, Fábega, Cabaza e Rego das Pedras, da parroquia de Vilarente. Todos eles no concello de Abadín.

O 7.9.2019 foi presentada unha solicitude da comunidade de Moncelos relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza coas anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus respectivos montes veciñais. Tras serlles requirido, o 17.4.2023 a solicitude foi mellorada. A documentación achegada inclúe a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte de cada unhas das comunidades implicadas.

O 14.5.2024, o Servizo de Montes emite un informe (nº 2019_54) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Argán de Moncelos: 131,57 hectáreas. Esta modificación ten en conta a realizada anteriormente polo cumprimento dunha sentenza, recollida na memoria técnica nº 2023_57.

• MVMC Argán de Corvite, Curros da Chimenea e Veiga da Alaxe: 29,91 hectáreas.

• MVMC Argán de Vilarente: 70,78 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– MVMC Buixidoira e Trapa (expediente 15/80), pertencente aos veciños de Pacios da Veiga, na parroquia de Ferreirúa; MVMC Biduedo (expediente 6/75), pertencente aos veciños de Biduedo, na parroquia de Outara; MVMC Ferreirúa (expediente 3/75), pertencente aos veciños da parroquia de Ferreirúa. Todos eles no concello da Pobra do Brollón.

O 30.9.2022 foi presentada unha solicitude da comunidade de Pacios da Veiga relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza coas comunidades de Biduedo e de Ferreirúa en canto ás liñas divisorias que separa os seus respectivos montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte de cada unhas das comunidades implicadas.

O 9.5.2024, o Servizo de Montes emite un informe (nº 2022_275) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Buixidoira e Trapa: 164,66 hectáreas.

• MVMC Biduedo: 78,68 hectáreas.

• MVMC Ferreirúa: 461,47 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– MVMC Trascastro (expediente 102/76), pertencente aos veciños de Trascastro da parroquia de Lóuzara (Samos); MVMC Uceira, Travesa do Pico e Devesa de Balbón (expediente 4/85), pertencente aos veciños da parroquia de Vilarxoán (O Incio).

O 25.3.2024 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 2.4.2024, o Servizo de Montes emite un informe (nº 2024_12) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Trascastro: 126,04 hectáreas. Esta modificación ten en conta a revisión de esbozo deste monte, recollida na memoria nº 2022_305.

• MVMC Uceira, Travesa do Pico e Devesa de Balbón: 85,51 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– MVMC Tenente e Xistral (expediente 83/78), pertencente aos veciños dos lugares de Porromeo, Restrebada, Forcós, Curro, Porto do Rego, Corredoira, Fonte, Zanfaño, Pico, Casavella, Licencia, Coruxos e Xurrosa, da parroquia do Viveiró; MVMC Lombo dos Porcos, Lombo do Madeiro e Serra do Xistral (expediente 79/78), pertencente aos veciños da parroquia da Balsa. Ambos montes no concello de Muras.

O 30.9.2022 e 22.12.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Tras serlles requirido, o 3.2.2023 tivo entrada unha emenda da solicitude.

Entre a documentación achegada consta a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

Durante a tramitación do procedemento, o 29.12.2022 e 9.2.2023 foron presentadas alegacións de María Cuba Carballido nas que expón a súa oposición a este deslindamento por supoñer unha distorsión do límite dos montes respecto das respectivas resolucións de clasificación, pois leva encuberto unha ampliación do monte da comunidade da Balsa. Así mesmo, alega que o procedemento carece da documentación acreditativa da propiedade, establecida no artigo 52 da Lei 7/2012, de montes de Galicia.

O 30.5.2024 o Servizo de Montes emite un informe (nº 2022_286) no que inclúe consideracións sobre as alegacións presentadas con indicación de que o límite acordado polas comunidades foi obxecto de análise e aprobación polas respectivas asembleas e que a Administración non ten unha intervención administrativa no tocante á proposta de deslindamento, de acordo co artigo 53 da Lei 7/2012, que regula este procedemento. Así mesmo, especifica que a documentación achegada no procedemento é a requirida no citado artigo 53. En conclusión, de acordo coa cartografía resultante, no informe do Servizo de Montes especifícanse as seguintes superficie resultantes para os montes deslindados:

• MVMC Tenente e Xistral: 583,08 hectáreas.

• MVMC Lombo dos Porcos, Lombo do Madeiro e Sª Xistral: 423,13 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– MVMC Lombo dos Porcos, Lombo do Madeiro e Serra do Xistral (expediente 79/78), pertencente aos veciños da parroquia da Balsa (Muras); MVMC Testelo, Costa do Sol, Real e Xunto da Igrexa (expediente 123/77), pertencente aos veciños da parroquia de Montouto (Abadín).

O 5.1.2023 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Tras serlles requirido, a solicitude foi emenda o 25.1.2023. Entre a documentación achegada, consta a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 1.4.2024 o Servizo de Montes emite un informe (nº 2023_1) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Lombo dos Porcos, Lombo do Madeiro e Serra do Xistral: 428,2058 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento co MVMC Tenente e Xistral, recollido no informe nº 2022_286.

• MVMC Testelo, Costa do Sol, Real e Xunto da Igrexa: 1.630,2376 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– MVMC Coto da Cal e Couce de Vigo (expediente 125/77), pertencente aos veciños da parroquia de Romariz, agás Espiñarcao e Valiña de Freire; MVMC Coto Canel (expediente 124/77), pertencente aos veciños de Espiñarcao e Valiña de Freire, na parroquia de Romariz. Ambos os montes do concello de Abadín.

O 20.9.2022 foi presentada unha solicitude (mellorada o 20.12.2022) relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 10.5.2024, o Servizo de Montes emite un informe (nº 2022_288) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Coto da Cal e Couce de Vigo: 533,06 hectáreas.

• MVMC Coto Canel: 161,65 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– MVMC San Xil de Carballo (expediente 75/75), pertencente aos veciños de San Xil de Caballo, na parroquia de Carballo; MVMC Montán (expediente 68/75), pertencente aos veciños da parroquia de Montán. Ambos montes do concello de Samos.

O 23.9.2022 foi presentada unha solicitude (mellorada o 21.10.2022) relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 23.4.2024, o Servizo de Montes emite un informe (nº 2022_292) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC San Xil de Carballo: 293,03 hectáreas.

• MVMC Montán: 129,37 hectáreas. Este deslindamento ten en conta a revisión de esbozo previa de Montán, tramitada no expediente nº 2022_297.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– MVMC Amorín, San Fitorio, Sales, Monciro e Salgueiros (expediente 25/78), pertencente aos veciños da parroquia da Meda; MVMC Coutada e Pena da Sarna (expediente 20/78), pertencente aos veciños da parroquia de Barredo. Ambos os montes do concello de Castroverde.

O 1.3.2023 e 8.4.2024, as anteditas comunidades presentaron, respectivamente, a solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre elas en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 1.3.2024, o Servizo de Montes emite un informe (nº 2023_6) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Amorín, San Fitorio, Sales, Monciro e Salgueiros: 664,41 hectáreas.

• MVMC Coutada e Pena da Sarna: 210,10 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– MVMC Embernallúas (expediente 39/77), pertencente aos veciños de Embernallúas, da parroquia de Muñís; MVMC Balsa (expediente 30/92), pertencente aos veciños de Balsa, da parroquia de Ribeira; MVMC Trabado (expediente 50/77), pertencente aos veciños de Balsa, da parroquia de Ribeira; MVMC Cernada (expediente 10/78), pertencente aos veciños de Cernada, da parroquia de Muñís. Todos eles sitos no concello de Navia de Suarna.

O 30.9.2022 e 21.10.2022 foi presentada unha solicitude da comunidade de Embernallúas relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza coas comunidades da Balsa e de Cernada, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Tras serlles requirido, o 2.2.2024 presentan unha emenda da solicitude. Entre a documentación achegada, consta a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 2.5.2024, o Servizo de Montes emite un informe (nº 2022_277) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Embernallúas: 207,05 hectáreas.

• MVMC Balsa: 122,09 hectáreas.

• MVMC Trabado: 121,70 hectáreas.

• MVMC Cernada: 74,93 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– MVMC Balsa (expediente 30/92), pertencente aos veciños de Balsa, da parroquia de Ribeira; MVMC Trabado (expediente 50/77), pertencente aos veciños de Balsa, da parroquia de Ribeira; MVMC Fron (expediente 37/92), pertencente aos veciños de Embernallas e Balsa, da parroquia de Muñís; MVMC Xestoso, pertencente aos veciños de Embernallas, Balsa e Riberia, da parroquia de Muñís. Todos eles sitos no concello de Navia de Suarna.

O 29.11.2023 foi presentada unha solicitude (mellorada o 11.1.2024) pola comunidade de Balsa, relativa ao acordo de deslindamento dos seus montes, Balsa e Trabado, cos montes estremeiros Fron e Xestoso, en canto á liña divisoria que os separa. Tras serlle requirido, o 2.2.2024 presentan unha emenda da solicitude. Entre a documentación achegada, consta a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 9.5.2024, o Servizo de Montes emite un informe (nº 2023_62) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Balsa: 121 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento con Embernallúas (nº 2022_277).

• MVMC Trabado: 116,37 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento con Embernallúas (nº 2022_277).

• MVMC Fron: 76,63 hectáreas.

• MVMC Xestoso: 110 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– MVMC Xestoso, pertencente aos veciños de Embernallas, Balsa e Riberia, da parroquia de Muñís; MVMC Fron (expediente 37/92), pertencente aos veciños de Embernallas e Balsa, da parroquia de Muñís. Ambos no concello de Navia de Suarna.

O 11.1.2024 as anteditas comunidades presentaron, respectivamente, a solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre elas, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Tras serlles requirido, a solicitude foi emendada e entre a documentación achegada consta a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 3.5.2024, o Servizo de Montes emite un informe (nº 2024_3) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Fron: 76,52 hectáreas.

• MVMC Xestoso: 110,11 hectáreas.

Este deslindamento ten en conta outro previo, realizado co MVMC de Balsa e MVMC Trabado, no procedemento seguido baixo o nº 2023_62.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– MVMC Campos de Vila (expediente 27/73), pertencente aos veciños de Campos de Vila, Lamela, Revida e Toca, da parroquia de Hospital; MVMC Leixazós (expediente 108/75), pertencente aos veciños de Leixazós, da parroquia de Pacios da Serra. Ambos no concello de Quiroga.

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Tras serlles requirido, o 10.4.2024 a solicitude foi emendada e entre a documentación achegada consta a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 21.5.2024, o Servizo de Montes emite un informe (nº 2022_204) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Campos de Vila: 485,51 hectáreas. Esta modificación ten en conta a revisión de esbozo identificada co número 2022_37.

• MVMC Leixazós: 719 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– MVMC Pígara (expediente 65/75), pertencente aos veciños da parroquia de Pígara; MVMC Santa Cruz (expediente 29/75-6/2015), pertencente aos veciños da parroquia de Santa Cruz. Ambos no concello de Guitiriz.

O 21.3.2024 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Tras serlles requirido, o 12.4.2024 a solicitude foi emendada. Entre a documentación achegada consta a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 6.5.2024, o Servizo de Montes emite un informe (nº 2024_13) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Pígara: 651,96 hectáreas.

• MVMC Santa Cruz: 826,84 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– MVMC Pígara (expediente 65/75), pertencente aos veciños da parroquia de Pígara (Guitiriz); MVMC Carballosa, Monte Redondo e Campo de Vilaflores, Costa de Rañal, Cobas e Ribeiras (expediente 9/77-11/2017), pertencente aos veciños da parroquia de Pacios (Begonte).

O 6.2.2023 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 6.5.2024, o Servizo de Montes emite un informe (nº 2023_4) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Pígara: 648,40 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento con Santa Cruz (nº 2024_13).

• MVMC Carballosa, Monte Redondo e Campo de Vilaflores, Costa de Rañal, Cobas e Ribeiras: 544,95 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– MVMC Gondar (expediente 18/83), pertencente aos veciños da parroquia de Gondar; MVMC Labio (expediente 44/80), pertencente aos veciños da parroquia de Labio. Ambos no concello de Lugo.

O 14.5.2024 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as anteditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 21.5.2024, o Servizo de Montes emite un informe (nº 2024_26) no que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Gondar: 12,35 hectáreas.

• MVMC Labio: 153,75 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 12 de xuño de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo