DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 26 de xuño de 2024 Páx. 39429

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 12 de xuño de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do procedemento de responsabilidade patrimonial no expediente RP-2022-0015-P, devolta polo servizo de Correos.

O 24 de maio de 2024, o conselleiro de Sanidade ditou resolución relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial que formulou a persoa reclamante que se sinala no anexo deste anuncio.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a dita resolución, que foi devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido practicar.

Así mesmo, e como segundo o artigo 46 da dita Lei 39/2015 , do 1 de outubro, a publicación da resolución pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, esta cédula limitarase á publicación, como anexo, dunha breve indicación do contido do acto e do lugar onde o interesado poderá comparecer en prazo, para o coñecemento do contido íntegro do dito acto e constancia de tal coñecemento.

Lémbrase que a citada resolución pon fin á vía administrativa de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Contra ela poderá interpor recurso potestativo de reposición, de conformidade co que dispoñen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ante a persoa titular da Consellería de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Igualmente, poderá interpor directamente un recurso contencioso-administrativo, de acordo co que establece a regra segunda do artigo 14.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo). O prazo será de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida lei xurisdicional.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2024

Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº expediente: RP-2022-0015-P.

Reclamante: 35224594W.

Último enderezo coñecido: avenida Alcalde Gregorio Espino, núm. 29, 9 B, 36205 Vigo (Pontevedra).

Contido da notificación: resolución do conselleiro de Sanidade, do 24 de maio de 2024, relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial presentada.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade. Edificio Administrativo San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: dez (10) días.