DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 25 de xuño de 2024 Páx. 39060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 12 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación no concello de Rois (expediente IN407A 2010/268-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, no concello de Rois (expediente IN407A 2010/268-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

O texto íntegro das referidas follas de valoración está ao dispor das persoas interesadas na sede da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (teléfonos de contacto 981 182 378 e 981 184 911), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 12 de xuño de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2010/268-1.

Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT 220 kV DC Lousame-Tivo.

Concello: Rois.

Predio

Lugar

Pol.

Parc.

Titularidade proposta

0-34

Cotón

143

198

Adelina Vilas

378

Cortiña da Devesa

148

39

Esther Arufe Socastro

444

Agro do Monte

147

255

Manuel Brea Iglesias

457

Agro de Encima

147

285

Manuel Juncal

484

Devesa do Rei

144

207

Guillermo Blanco García

567

Estivada Vella

143

276

Jesús Moure Martínez

579

Estivada Vella

143

271

Jesús Moure Martínez

585

Cachopeira

502

280

José Zumalave Zumalave

594

Cachopeira

502

273

José Blanco Martínez

595

Braña de Arriba

502

287

Rogelio Leboráns Martínez

600

Cacheiro

142

103

Carmen Beis Rodríguez e herdeiros de Marina Beis Rodríguez

601

Cacheiro

142

102

Carmen Beis Rodríguez e herdeiros de Marina Beis Rodríguez

673

Arriba de Canle

142

379

Jesús Lamas Vilares

676

O Agro de Ianes

142

23

Herdeiros de Amelia Gosende Angueira, Rosalía Gosende Angueira e María Gosende Angueira

677

Cacheiro

142

18

José Ramón Lens Caneda

684

O Agro de Ianes

142

24

Herdeiros de Amelia Gosende Angueira, Rosalía Gosende Angueira e María Gosende Angueira

702

Salgueiral

142

49

Ofelia Caneda Santana

718

Souto

502

387

José Fariña Rivas

726

Riba da Cortiña da Ponte

140

159

Antonio Abad Rodríguez