DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 25 de xuño de 2024 Páx. 39089

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 12 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se fai público o recoñecemento como organización de produtores pesqueiros á organización denominada Organización de Produtores Pesqueiros de Noia-OPPNOIA.

Mediante a Resolución do 27 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se recoñece á organización de Produtores Pesqueiros de Noia-OPPNOIA como organización de produtores pesqueiros de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para o sector da pesca.

En virtude do disposto no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño, modificado polo Real decreto 664/2023, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, a Organización de Produtores Pesqueiros de Noia-OPPNOIA queda inscrita no Rexistro Xeral de Organizacións de Produtores Pesqueiros e Asociacións de Organizacións de Produtores Pesqueiros do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, co código e número seguinte: OPP-95.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2024

Antonio Basanta Fernández
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica