DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 24 de xuño de 2024 Páx. 38863

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello de Cerdedo-Cotobade para desenvolver as facultades de xestión tributaria e recadación do imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM).

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 31 de maio de 2024, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Cerdedo-Cotobade polo Acordo do Pleno na sesión do 5 de abril de 2024 para desenvolver as facultades íntegras de xestión tributaria e recadación do imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM), que inclúe a facultade de liquidación previa á primeira matriculación.

A citada delegación realizarase pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos

Pontevedra, 31 de maio de 2024

O presidente da Deputación de Pontevedra
P.D. (delegación efectuada por R.P. nº 2024003709, do 6.5.2024)
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Deputado delegado de Xestión Tributaria, Patrimonio, Formación e Emerxencias